Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Gran partido do Samieira CF Veteranos


Gran partido do Samieira fronte ao Salcedo este sábado. Con esta vitoria o equipo local afástase dos postos de descenso e remonta na clasificación. Un gran paso para manterse na categoría

XOGADORES DO SAMIEIRA CF VETERANOS | IMAXE DESCARGABLE


O locais estiveron acertados dende o comezo, dominando o choque de maneira clara e conseguindo porse por diante con gran sacrificio de todo o equipo. A gran figura, con dous goles, foi Carlos.


A vitoria frea as aspiracións do Salcedo, que se ve inmerso no pozo de cheo, e aviva ó Samieira que até este momento parecía durmido na parte media da táboa.

Unha pena que este equipo non chegase a este nivel dende ó principio do campionato porque hai nivel para cotas máis altas.


XORNADA nº 30

Sábado 30 de marzo de 2013. O Campiño, Bora (Pontevedra).
Bora Comesano - Samieira CF

© LMA | Crónica deportivaDeportes Samieira Dixital

0 comentarios: