Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Magosto popular e teatro este sábado na Casa do Pobo



A Casa do Pobo de Río de Bois, en Samieira, acollerá o vindeiro sábado 25 o seu tradicional magosto popular. A actividade, organizada pola SCD Samieira, comezará ás 19:00 horas e estará amenizada polo grupo musical "Os Compadres".

Amais da degustación de castañas, a partir das 21.00 horas terá lugar a representación "Historias dunha praza" a cargo do grupo de teatro local Lúa Chea. A obra, unha comedia do director Manuel Solla, conta tres historias que suceden na praza dunha cidade e mostra personaxes moi pintorescos e algunhas situacións esaxeradas para conseguir as risas do público.

A entrada á representación teatral será de balde para os/as socios/as da SCD Samieira e custará un euro aos/ás non socios/as.

Actuación en Samieira do grupo de teatro Lúa Chea | SCD Samieira

0 comentarios: