Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Sábado 5 de outubro: Noite de música en directo no Bar Spuela do Covelo



Os amantes da música en vivo están de sorte esta fin de semana. O dúo "R ke R", formado por Raúl Cabaleiro e Rafa Gradín, actuará o vindeiro sábado, 5 de outubro, no Bar Spuela, no Covelo. 

Ás 23:00h. Raúl e Rafa iniciarán un concerto no que versionarán temas dos máis coñecidos cantantes: Sabina, Silvio Rodríguez, Alejandro Sanz, Kiko Veneno, Andrés Calamaro... pero sempre engadindo o seu toque persoal. Particularmente, destacan dous dos temas incluídos no seu último disco: o "Popurrí de rumbas" e "Así estoy yo sin ti". O primeiro fusiona trece das rumbas máis populares, mentres que no segundo conseguen enlazar tres cancións de títulos similares de Joaquín Sabina, Víctor Manuel e o grupo "Cánovas, Adolfo, Rodríguez, Guzmán". 

Dúo "R ke R", Raúl Cabaleiro e Rafa Gradín

O grupo "R ke R" sacou o seu primeiro disco no ano 2011 despois de innumerables actuacións en directo. Tras 5 anos de concertos, motivados polo crecente interese do público pola súa música, tomaban a decisión de recoller todos os seus temas neste disco que titulaban "De bar en bar". E deron no cravo, xa que nos doce primeiros días de vida do CD lograron vender máis de 250 copias. As súas expectativas iniciais víronse superadas con fartura, xa que a eles trescentas copias nun ano xa lles valían. Parte da culpa deste indubidable éxito atribúenlla ás persoas que tantas veces lles ofreceron un escenario no que actuar e darse a coñecer e ao ánimo e apoio do público nas súas actuacións que os fan sentir coma na casa.

0 comentarios: