Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

A Volta pasa por Samieira por segundo ano consecutivo

Por segundo ano consecutivo unha das etapas da Volta a España pasará por Samieira. Trátase da terceira etapa, con 184,8 quilómetros, que se iniciará este luns, 26 de agosto, en Vigo para terminar no Miradoiro de Lobeira, en Vilagarcía de Arousa.

O pelotón atravesará Samieira pola PO-308 aproximadamente entre as 14.35 e as 14.55 horas (en función da velocidade) polo que esta estrada permanecerá cortada durante o paso do evento deportivo, así como os cruces que conducen a ela.

Mapa co percorrido da 3ª Etapa


Se che gusta o deporte non deixes pasar a oportunidade de ver en directo o espectáculo deportivo máis grande do ano 2013.



Máis información:

0 comentarios: