Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Convocatoria de postos de traballo na brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Poio


O Concello de Poio abre a convocatoria de 6 postos de traballo na brigada de prevención e defensa contra incendios forestais:

1 xefe/a de brigada.
4 peóns/as forestais.
1 peón/a conductor/a.


A contratación é a tempo completo e terá unha duración de 3 meses. O prazo para solicitar e participar nas probas de selección para cubrir estas prazas é de 2 días: comeza hoxe mércores e remata o venres 5 de xullo ás 14:00 horas.


1 praza de peón/a conductor/a



1. Titulación: Certificado de escolaridade ou equivalente.
2. Requisito imprescindible: Estar en posesión do carné de conducir B.
3. Retribución: 1.203,07 euros (brutos mensuais).




4 prazas de peóns/as forestais



1. Titulación: Certificado de escolaridade ou equivalente.
2. Retribución: 1.203,07 euros (brutos mensuais).




1 praza de xefe/a de brigada



1. Titulación: Enxeñeiro/a de montes, enxeñeiro/a técnico/a forestal, técnico/a superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico/a en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
2. Requisito imprescindible: Estar en posesión do carné de conducir B.
3. Retribución: 1.481,00 euros (brutos mensuais).




Máis información:
Concello de Poio: teléfono 986 770 001, web: www.concellopoio.com

0 comentarios: