Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Familias e profesorado do CEIP Espedregada colaboran para atender ás necesidades de mantemento do centro público de ensino

Este sábado as familias e profesorado do CEIP Espedregada, no que cursan infantil e primaria nenos e nenas de Raxó e Samieira, puxeron en marcha diversos traballos de mellora do centro. A iniciativa, que nace coa intención de manterse no tempo, busca o dobre obxectivo de, por unha banda, atender ás necesidades de mantemento que non son cubertas polas administracións, e por outra, profundar na convivencia entre estudantes, familias e docentes.

Primeiro arranxo: o parque infantil

O arranxo do patio infantil foi a opción escollida como primeira acción de mantemento do centro escolar. Tanto pais, como nais, avós e avoas, en colaboración cos docentes, adicaron esta primeira xornada a lixar e pintar os columpios e o peche perimetral. O enreixado, construído en madeira, ten que ser tratado anualmente para evitar a súa deterioración. 

Dende a dirección do centro apuntan que nas vindeiras datas poranse en marcha campañas similares para que pouco a pouco se poda ir mellorando o aspecto exterior do colexio de cara ao próximo curso.

Nova no Diario de Pontevedra, 18.06.2013


Máis novas:

0 comentarios: