Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Retírase un dos grandes do balonmán: Rafael Dasilva


«Cuando empecé a jugar nunca me imaginé que llegaría a ver mi nombre rodeado de tantas estrellas internacionales en una clasificación de goleadores» 
Despois de 21 anos na elite do balonmán profesional, Rafael Dasilva Iglesias (Vigo, 1974), un dos mellores xogadores galegos da historia, anunciou o pasado mércores a súa retirada.

Unha vida adicada ao deporte

Poucos poden presumir dunha traxectoria como a súa. Debutou con 18 anos, no 1992 (de neno practicaba o baloncesto), e tres anos despois, aló polo 1995, xa destaba como goleador. Xogou 18 campañas na máxima competición e ao longo da súa próspera carreira profesional vestiu a camiseta dos tres grandes do balonmán galego: Teucro, Cangas e Academia Octavio. É o único galego no top ten dos mitos goleadores da Asobal, considerada por moitos como a mellor liga de balonmán do mundo.


Unha lenda do balonmán

Rafa Dasilva é o xogador galego que máis goles marcou na historia, 1.503. Debutou na máxima categoría do balonmán español coa camiseta da SD Teucro, clube co que lograría o trofeo de máximo goleador da Liga Asobal na campaña 2001-02 con 201 goles.

Este pasado mes de abril meteuse entre os 10 máximos anotadores históricos da Liga Asobal (noveno máximo goleador). Logrou entrar no "top ten" da clasificación estatal, despois de superar ao ex internacional Antonio Carlos Ortega e ao ex xogador do Teka Cantabria e Portland San Antonio, Mikhail Yakimovich.

Comprometido cos equipos de base

Actualmente Rafa entrena ao Poio de alevíns e infantís. Dirixe esta canteira do balonmán local dende o 2011 cando se produciu a renovación da alianza asinada en 2010 entre o Teucro e as Escolas Deportivas de Poio, a través do Artai. O equipo infantil foi este ano campión de liga da segunda autonómica.

Ver novas:

0 comentarios: