Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Letras Galegas 2013: Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Hoxe, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas, unha xornada cunha dimensión conmemorativa e reivindicativa na que Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

O autor homenaxeado deste 2013 é ROBERTO VIDAL BOLAÑO (Santiago de Compostela 1950 -2002), un dramaturgo de mirada crítica e comprometida co país e a lingua, considerado un dos maiores artífices da modernización e profesionalización do teatro. O recoñecemento ao seu labor coincide no ano no que se celebra o 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro (17-05-1863), obra que deu orixe á conmemoración.


Para saber máis sobre Roberto Vidal Bolaño:
Páxina oficial da Asociación Roberto Vidal Bolaño. Dez anos despois da morte do autor teatral, creouse unha asociación para dar a coñecer a súa figura.
REAL ACADEMIA GALEGA: Biografía, obras e ligazóns sobre o homenaxeado. A RAG é quen decide anualmente a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.
CRTVG: Biografía e material audiovisual de Roberto Vidal Bodaño. A cadea pública recupera entrevistas, programas e todo o material audiovisual que emitiu sobre o autor.
Cronograma de Roberto Vidal Bolaño no portal Culturagalega.org. Detalla graficamente a vida e obra do autor a través das súas estreas teatrais e da súa actividade cinematográfica.
LA VOZ DE GALICIA: Roberto Vidal Bolaño: Animal Escénico. Este xornal recompila imaxes de varias representacións teatrais do homenaxeado.

0 comentarios: