Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Axudas Públicas e Convocatorias en prazo de presentación


Recompilación de axudas públicas de carácter social e asistencial e convocatorias da administración autonómica que teñen aberto o seu prazo de presentación. Para máis información, preme nos recadros das normativas ou descárgaas directamente en formato pdf.

Axuda económica por fillos e fillas menores de 3 anos




Prestación económica por fillo/a menor de tres anos co fin de paliar os gastos dos primeiros anos de crianza.

Prazo máximo de solicitude: Até o 11 de maio de 2013.


Convocatoria de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013





Convocatoria de prazas para actividades de tempo libre de carácter sociocultural, recreativo, deportivo, formativo e convivencial para a mocidade galega de entre 9 e 35 anos. Realízanse nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

Prazo máximo de solicitude: Até o 15 de abril de 2013.

Oferta de prazas nas actividades:

Regulación do uso de instalacións xuvenís:


Axudas para a formación en linguas estranxeiras do alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos





Axudas para a realización de actividades de formación lingüística durante o ano 2013 dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; 1º ou 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo.

Prazo máximo de solicitude: Até o 22 de abril de 2013.


Axudas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero




Prestación económica periódica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero dirixida a posibilitar a súa autonomía e independencia económica respecto do seu agresor.

Prazo máximo de solicitude: Até o 31 de outubro de 2013.


Axudas de carácter socioeconómico do sector pesqueiro




Xubilacións anticipadas, primas por reconversión, axudas para traballadores e traballadoras afectados por plans de axuste da frota pesqueira e para a compra do primeiro barco.

Prazo máximo de solicitude: Até o 2 de maio de 2013.

Convocatoria 2013

Bases reguladoras das axudas


Axudas vinculadas coas comunidades galegas no exterior




Axudas destinadas a emigrantes residentes no exterior e aos seus familiares en Galicia para atender situacións de emerxencia social ou sanitarias sobrevidas que precisen dunha actuación urxente. Sufraga necesidades básicas en relación á alimentación, o vestido, á vivenda habitual ou outros supostos de carácter urxente e grave necesidade; necesidades graves e urxentes de carácter sanitario, non cubertas ou solo cubertas parcialmente polos sistemas públicos; e os custos das viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario que teñan que realizar os beneficiarios e beneficiarias.

Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de novembro de 2013.


0 comentarios: