Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Ningunha formación política municipal presenta emprazamentos alternativos para a EDAR

NINGUNHA das tres formacións políticas municipais (BNG, PSOE e PP) presenta alternativas para ubicar a EDAR. A plataforma veciñal de Samieira mantivo onte un encontro cos tres partidos da corporación municipal para coñecer o estado dos traballos de procura dun novo emprazamento para a construción desta infraestrutura sen ningún resultado.

O 7 de setembro, na reunión conxunta que mantiveron co director de Augas de Galicia, os voceiros das tres formacións políticas comprometéronse a iniciar estes traballos cando finalizasen as eleccións autonómicas do 21 de outubro. Sen embargo, ainda non se presentaron ubicacións ALTERNATIVAS que desboten a actual.


Máis información:


0 comentarios: