Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Subida de taxas municipais para 2013

O Concello de Poio aproba a subida de taxas municipais para o 2013. Os servizos de saneamento, subministración da auga, recollida e tratamento do lixo subirán o próximo ano ainda que xa o fixeron en 2012:

  • A subministración da auga sobe un 2,7%.
  • O saneamento increméntase un 4,5%.
  • O tratamento de residuos aumenta un 3%.
  • A recollida de residuos sobe un 3%.

Oito asociacións veciñais, de Raxó, Combarro, San Martiño, Lourido, San Salvador, O Pereiro, O Muíño e Samieira, presentaron sen éxito un escrito de oposición ao considerar que, tendo en conta a conxuntura económica, a subida supón «un mazazo para as economías domésticas».

No caso do LIXO, por exemplo, co aumento das taxas (recollida e tratamento, as máis caras da provincia), unha familia deberá aboar ao ano máis de 112€ cando en 2012 pagaba 108€ e o ano anterior, 104€.

Os colectivos veciñais lamentan ademais que «unha vez máis a decisión de incrementar os impostos non conta coa información previa e necesaria coa que deben contar os veciños».

Máis información:

0 comentarios: