Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Este domingo celébrase en Samieira a "I Carreira de Montaña Ruta dos Muíños"



Este domingo, 5 de outubro, terá lugar en Samieira o I Trail Ruta dos Muíños, unha carreira de montaña de 15 quilómetros de percorrido na que os/as deportistas que participen non só deberán ser rápidos, senón que terán que demostrar unha grande capacidade de resistencia.

A proba comezará ás 10 da mañá na Praza de Alfredo Romay Besada e discorrerá pola ruta dos muíños e os montes de Samieira, un circuito de dificultade media-baixa, e un desnivel, positivo e negativo, de 560 metros.

Os/as deportistas participarán repartidos/as nas categorías: absoluta (masculina e feminina; a partir de 18 anos); veterana-feminina (a partir de 40 anos) e veterana-masculina (a partir de 45 anos). Haberá trofeos para os/as 3 primeiros/as de cada modalidade; e na categoría absoluta, premios en metálico de 100, 75 e 50 euros. Todos/as os/as participantes recibirán, tamén, unha bolsa de agasallos.



MÁIS INFORMACIÓN:

0 comentarios: