Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

VII Dúatlon Cros Concello de Poio


Samieira acollerá o vindeiro 17 de febreiro a VII EDICIÓN DO DÚATLON CROS CONCELLO DE POIO-CAMPIONATO GALEGO 2013, un evento deportivo que organiza o Clube Ciclismo Triatlon Monte Abaixo de Samieira e reúne a multitude de afeccionados e profesionais desta modalidade deportiva. A proba consta de dúas disciplinas: ciclismo e carreira a pé.

HORARIO:
  1. Ás 09.30 horas poderanse recoller os dorsais na carpa da organización, no campo de fútbol de Samieira.  
  2. De 10.00 a 10.45 horas procederase ao control do material.
  3. Ás 11.00 horas dará comezo a carreira. 

As CARACTERÍSTICAS DO CIRCUITO serán as seguintes:
  1. O primeiro sector constará dunha carreira a pé de 5.400 metros, que incluirá 2 voltas a un circuíto de 2.700 metros de dificultade media.
  2. O segundo sector constará dun circuíto ciclista de 3 voltas cunha lonxitude de 6,5 Km, sendo 3 Km por pistas forestais e 3,5 Km por carreiros máis técnicos.
  3. O terceiro sector constará dunha carreira a pé de 2.700 metros, na que se bordeará o circuíto do primeiro sector.

Os participantes poderán competir nas seguintes CATEGORÍAS:
  1. Junior.
  2. Absoluta e veterán.
  3. Masculina e feminina.

As INSCRICIÓNS poderanse realizar até o martes 12 de febreiro, a través da web da Federación Galega de Triatlon, www.fegatri.org, no apartado de Competicións.

PREZO: 10€

NORMAS: Regulamento VII Dúatlon Cros Concello de Poio - Campionato Galego 2013

0 comentarios: